Expectación ante a proba do Campionato de España de Motocrós Freestyle
Por Redacción
A celebración en Pontevedra da segunda proba do Campionato de España de Motocrós Freestyle levantou unha importante expectación entre os amantes do motor.
A cita, que terá lugar este sábado 17 de xuño (22:00 horas) na Praza de Touros da cidade de Lérez, reunirá a algúns dos maiores especialistas do panorama nacional e internacional.
Entre os incritos figuran o actual campión de Europa e do Mundo de 'Nigth of the Jumps', Maikel Melero, o campión das Red Bull X-Fighters Dany Torres ou Pedro Moreno, tres veces campión nacional, ademais de pilotos como Miguel Espada, Rayco Díaz, Samuel Calzado e Pablo Rodríguez.
Todo os ingredientes para vivir unha xornada espectacular cos saltos e acrobacias sobre a moto destes especilistas, que horas antes da competición adestrarán a porta pechada na praza.
Antes, este venres, a organización a cargo da Escudería Ciudad del Sol iniciou os preparativos do evento, entre os que se inclúe a montaxe das estruturas que facilitarán o voo dos pilotos e farán gozar a todo o público presente.