Primeiros movementos do Arosa para confeccionar o plantel
Por Redacción
Unha vez pechada a continuidade de Jorge Otero no banco, o Arosa púxose ao choio para pechar canto antes o plantel da próxima tempada.
A intención de Otero e da directiva é apostar pola continuidade no bloque, que será reforzado con varias fichaxes. Por iso o primeiro foi sentar cos futbolistas para falar da súa renovación.
Desta forma a comisión deportiva atou a continuidade dos dous primeiros xogadores, o lateral zurdo Suso e o centrocampista Julio Rey, que renovaron a súa vincluación co club arlequinado durante unha tempada máis.
Tras quedar ás portas de disputar o play-off de ascenso, no Arosa confían en poder dar un salto de calidade no equipo para poder pelexar a próxima campaña polos catro primeiros postos.