Título autonómico para o equipo infantil do Club de Tenis
Por Redacción
O equipo masculino do Club de Tenis Pontevedra é o novo campión galego infantil, despois de superar na final da competición o Club de Tenis Coruña.
Os pontevedreses impuxéronse por un apertado 3-2 despois de superar antes na semifinal ao Mercantil de Vigo.
Este título supón unha dobre recompensa, xa que outorga ao Club de Tenis a clasificación como representante galego para o próximo Campionato de España de Tenis Infantil que se celebrará no Club de Tenis La Salut de Barcelona.
O equipo dos pontevedreses estaba composto por Iago Domínguez, Bernardo López, Pablo Alvear e Carlos Álvarez, capitaneados por Toze Pinto e José Antonio Chapela.
As instalacións da Caeira acolleron tamén o desenlace da categoría infantil feminina, aínda que neste caso o club local cedeu en semifinais e o gañador foi o Club de Tenis Coruña.