O Torneo Internacional da Escola Xadrez Pontevedra apunta alto na súa quinta edición
Por Diego Espiño
O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra organizado pola Escola Xadrez Pontevedra non deixa de crecer.
Na que será a súa quinta edición, do 8 ao 14 de agosto, conta con reunir na cidade de Lérez máis de 200 xadrecistas, entre os que se atoparán unha importante nómina de grandes mestres internacionais que converterán a Pontevedra no "motor do xadrez en Galicia".
Así o recoñeceu Pablo García, director técnico do torneo, na firma do convenio de colaboración co Concello de Pontevedra para a súa celebración, en virtude do cal a administración local achegará 8.000 euros para cubrir parte dos custos da organización.
"Somos o único torneo de Galicia con xogadores de máis de 2.600 puntos non ránking internacional", sinalou García, aínda que o obxectivo segue sendo ofrecer á canteira do club e de toda Galicia unha boa oportunidade para mellorar e enfrontarse aos mellores xogadores de España ou Europa.
Esta evolución é un premio á constancia e traballo da Escola Xadrez, xa que "cando as cousas se fan ben dan os seus resultados", declarou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
O V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de xadrez repartirá 10.000 euros en premios e organizarase paralelamente cun campus de alto rendemento no que participarán boa parte dos xogadores inscritos.
Relacionadas:
-
Recta final para o torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
Xa está en marcha o quinto torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción |
-
Trinta mestres de xadrez participarán no torneo internacional Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
'Tormenta' de xadrez na Praza de España
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Gran Mestre ruso Evgeny Vorobiov, vencedor do IV Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción |