Lucía Vázquez e Manuel Parada vencen na estrea de BTT-XC Ría de Marín
Por Redacción
Exitosa estrea do BTT-XC Ría de Marín celebrado o pasado sábado no circuíto de Chan do Xaxán.
A proba, puntuable para o Open de Galicia de Cross Country Olímpico (XCO), contou con 125 bikers inscritos e dous nomes propios, os de Lucía Vázquez e Manuel Parada.
Lucía logrou un triunfo incontestable na categoría feminina, con 10 minutos de vantaxe sobre a líder do campionato, Nuria Senra. A deportista de Vilaboa recoñeceu tras a carreira que "gocei moito sobre a bicicleta porque o circuíto é moi entretido e había afeccionados en todos os recunchos", co matiz de que "se fixo máis duro pola calor".
Na categoría masculina Manuel Parada tomou a cabeza de carreira no segundo paso por meta e foi tomando distancia cos seus perseguidores, chegando ao final da proba con 2:26 sobre Samuel González e 6:47 sobre Jorge Punzón.
Completaron o palmarés Carlos Canle e Noela Saa (Academia Postal Actyon) en cadetes; Adrián Barros (Coruxo) e Alba Arias (Arteixo - MB3) en juniors; Samuel González (Salvaterra) nos sub23; Daniel Rodríguez (Master da Louriña) en master 30; Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40; e José Ramón Castelo (Castro Barbudo) en master 50/60 e ao máster-30 Daniel Rodríguez (Master Louriña)
Antes do Open de Galicia, o Club Ciclista Ría de Marín organizou ademais a sétima edición do Mini BTT no que participaron ata 330 novas promesas da bicicleta de montaña.
Relacionadas:
-
Figueirido, escenario do primeiro Campionato Galego de BTT 'Eliminator'
Por Diego Espiño |
-
Lucía Vázquez e Manuel Parada, vencedores no Open Galicia de XCO de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Undécimo título galego de XCO para Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Unha fin de semana redonda para a biker Lucía Vázquez
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez achégase ao liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Sábado de culto á BTT en Marín
Por Redacción |
-
Manuel Pellón e Lucía Vázquez, reis galegos do descenso en BTT
Por Redacción |