Os equipos da Sociedade Deportiva de Salcedo reciben parabéns polos éxitos da tempada
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Barreiro recibían este venres aos equipos da Sociedade Deportiva de Salcedo no Pazo de Mugartegui para facer a entrega oficial das copas de campións nas seguintes categorías:
- Senior: Campión de Liga, con ascenso a Segunda Rexional
- Infantil: Campión de Liga, con ascenso a Primeira
- Feminino Fútbol sala: Campión de Liga e Copa.
Os integrantes dos equipos mostraron a súa satisfacción polo éxito conseguido e polo trato ofrecido nesta recepción oficial, segundo fontes do club.