Poio Pescamar pecha a súa mellor tempada en primeira goleando a Rioja (5-1)
Por Redacción
Sentimentos enfrontados na Seca. Mentres Poio Pescamar rubricaba a mellor clasificación da súa historia en primeira división, cun excelente quinto posto (dando por feito que Competición dará a Ourense como vencedor por incomparencencia do Rubí), o FSF Rioja despedíase da máxima categoría despois de trece tempadas na elite.
A goleada "rojilla" permítelle conquistar ademais un obxectivo engadido, ao esquivar en primeira rolda da Copa aos dos primeiros clasificados na liga, polo que xogará fronte a Alcorcón (venres 20:00 horas), por un posto nas semifinais na histórica fase final que terá como escenario a pista da Seca.
Aos tres minutos Jenny culminaba en gol unha boa triangulación das pontevedresas a pase de Ceci. Aos dez o partido quedaba encarrilado cando de novo Jenny facía o segundo a pase de Ceci.
O Rioja tentaba subir a intensidade do seu xogo, pero faltáballe pegada nos metros finais para recortar distancias. Pola contra, antes do descanso Ale de Paz recibindo na zona de pivote superaba por alto á porteira visitante para subir o 3-0 ao marcador. co que se chegaba ao descanso.
Aos cinco minutos da continuación, xa co Rioja optando polo xogo de cinco, María recortaba, pero Patri Corral culminaba unha boa transición ofensiva para anotar o 4-1 e acabar coa resistencia dun Rioja que seguiu empuxando co xogo de cinco, pero que non tivo a claridade necesaria para voltear o resultado. Xa no tramo final, Ale de Paz, co Rioja envorcado, anotaba a porta baleira o definitivo 5-1.
POIO PESCAMAR (5): Silvia; Jenny, Jessy, Ale de Paz e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Yoli, Charo, Patri Corral, Suki e Mónica (segunda porteira).
FSF RIOJA (1): Jéssica; Cristina, Carmen, Patri e María (quinteto inicial). Tamén xogaron, Celia, Ainhoa, Adriana, Naia, Erica, Marta e Sandra.
Árbitros: Mari Salinas García e Roberto Amor Vizoso (Ferrol) Amoestaron a María no Rioja.
Goles: (1-0) Minuto 3: Jenny. (2-0) Minuto 10: Jenny. (3-0) Minuto 19: Ale de Paz. (3-1) Minuto 25: María. (4-1) Minuto 29: Patri Corral. (5-1) Minuto 38: Ale de Paz.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar apunta alto e logra a fichaxe da máxima goleadora de primeira división, Iria Saeta
Por Redacción |
-
O Alcorcón acaba co soño do Poio Pescamar en cuartos de final da Copa de España (1-4)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poio empeza a sentir a emoción da Copa de España de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
Peche ligueiro para o Poio Pescamar coa vista posta na Copa de España
Por Redacción |
-
Os abonos para a Copa de España de fútbol sala custarán 18 euros
Por Diego Espiño |
-
O descendido Rubí sorprende (3-1) a un Poio Pescamar que se despide da cuarta praza
Por Redacción |