Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, bronce na Copa del Mundo de Belgrado
Por Alejandro Espiño
Seguen os éxitos deportivos da parella pontevedresa Adrián Sieiro e Sergio Vallejo. Os padeeiros do Club Piragüismo Poio lograron a medalla de bronce na proba de C2 1.000 metros da Copa do Mundo que se está celebrando esta fin de semana en Belgrado (Serbia).
Ambos deron a súa mellor versión conseguindo un meritorio terceiro posto cun tempo de 3:32.180, sendo superados tan só pola parella alemá formada por Yul Oeltze e Peter Kretschmer, que foron ouro, e os polacos Mateusz Kaminski e Vincent Solminski.
O seu bo rendemento repetiuse na xornada vespertina.
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo gañaron a súa serie na proba de C2 500 metros, cun tempo de 01:44.668 e clasificáronse directamente para a final do domingo.
O piragüismo galego celebrou tamén o triunfo dos padeeiros do Club Náutico Ría de Betanzos Óscar Carrera e Rodrigo Germade, que colgaron o ouro na final do K2 500 metros e o bronce do deportista do Kayak Tudense Roi Rodríguez na final do K1 1000 metros.
Relacionadas:
-
Sergio Vallejo, Adrián Sieiro e Teresa Portela estarán no Mundial de piragüismo de Praga
Por Alejandro Espiño |
-
Ilusións europeas para o piragüismo pontevedrés en Bulgaria
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, cuartos en C2 500, rozan unha nova medalla na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo báñanse en bronce na Copa do Mundo de Szeged
Por Redacción |
-
Quinto posto para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo na Copa do Mundo de Szeged
Por Redacción |