Lydia Pérez, bronce no prestixioso Torneo Internacional de Sassari de loitas olímpicas
Por Redacción
Reforzo de moral para a pontevedresa Lydia Pérez Touriño antes de afrontar un dos seus principais obxectivos da tempada.
A deportista do Club de Loita Pontevedra subiu ao terceiro chanzo do podio no prestixioso Torneo Internacional de Sassari de loitas olímpicas, celebrado na localidade italiana de Sardeña, na categoría senior de 58 quilos.
Lydia Pérez formou parte do equipo nacional en Sassari sendo, xunto á canaria Eugenia Bustabad as únicas en lograr medalla nesta competición.
Tras o torneo a pontevedresa quedou uns días en Sardeña para participar nunha concentración internacional na que adestrará xunto a deportistas de 17 países e que servirá para preparar unha das citas grandes do ano, o Campionato de Europa Junior que se celebrará a finais de xuño en Dortmund (Alemaña).
Relacionadas:
-
Lydia Pérez e Pablo García preparan en Sierra Nevada os seus próximos retos internacionais
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, profeta na súa terra: campioa de España de loita en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |