A ximnasia rítmica galega presume de nivel no Torneo San Xoán
Por Redacción & Diego Torrado
O Pavillón da Seca, en Poio, foi punto de reunión este domingo da ximnasia rítmica galega co Torneo San Xoán organizado polo Club Saraiba.
Esta competición, que cumpre 21 anos de vida, reune tradicionalmente a deportistas dos clubs máis representativos da comunidade.
Nesta ocasión foron 280 as ximnastas que mostraron o seu nivel en todas as idades, xa que o torneo desenvolveuse desde a categoría prebenxamín ata a senior, nos niveis escolar, promoción, base e federado.
O XXI Torneo San Xóan tivo lugar cun gran ambiente no pavillón municipal de Poio durante toda a mañá do domingo, desde as 10:00 ata as 15:00 horas.