Saúl Campo, primeira baixa confirmada no Teucro para o regreso a la Liga Asobal
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro traballa xa a pleno rendemento na planificación da próxima tempada, na que regresará á máxima categoría nacional, a Liga Asobal.
O club pontevedrés anuncio este mércores o primeiro movemento no plantel azul confirmando a saída de Saúl Campo.
O lateral, que chegou o pasado verán ao Teucro procedente do Go Fit Sinfín, abandona así a disciplina do equipo tras unha campaña marcada por unha lesión no ombreiro "muy inoportuna, cuando empezaba a entrar en el equipo" que lle impediu render ao seu mellor nivel, explica Quique Domínguez.
A pesar diso "su esfuerzo en cada entrenamiento, su compromiso con el equipo y su ánimo constante han hecho que deje entre nosotros un magnífico recuerdo", sinala o técnico, que lle desexa "que tenga mucha suerte" no seu próximo equipo.
Trátase do primeiro movemento na planificación do plantel, pero non será o último nos próximos días, nos que se espera pechar a renovación dalgúns xogadores que terminan contrato.
Actualmente son, ademais do adestrador, seis os xogadores que teñen asinado un ano máis co Teucro. Trátase de Johnny Medina, renovado tras a súa lesión de xeonllo, Borja Méndez, Ángel Iglesias, Dani Hernández, Óscar Silva e Jorge García Lloria.