Club de Tenis Pontevedra, CCD Sanxenxo e Mercantil logran bos resultados no Campionato Galego
Por Redacción
Dez anos despois o equipo feminino do Club de Tenis Pontevedra proclamouse Campión Galego Absoluto na División Ouro.
Na fase final, celebrada no Club de Tenis Coruña, o equipo pontevedrés superou na semifinal ao Squash Santiago por un rotundo 5-0 e na gran final ao equipo local por 4-1.
O equipo, con xogadoras novas con idades entre os 14 e os 20 anos, estaba formado por Carla del Barrio, Nadia Cernadas, Celia Cerviño, Lucía Peraza e Laura Prieto.
Na fase final tamén estaba o Mercantil de Pontevedra, pero cedeu na semifinal ante o Club de Tenis Coruña sen apenas opción (5-0) cun equipo formado por Marta Rozados, Laura Álvarez, Irene Riveiro e Margarita Outón.
Pola súa banda na competición masculina rozou o título o Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, ao caer na gran final ante o Club de Tenis Coruña por un apertado 5-4. Lograron o subcampeonato autonómico Simón Arca, Iván Quiñones, Javi Varela, Xampi García, Hugo Taracido, Antón Hernández, Tomás Garnelo e Pablo Mosquera, acompañados polos capitáns Colin Rivas e Noli Álvarez.
Relacionadas:
-
O Club de Tenis Pontevedra presenta a XXIII edición do seu torneo
Por Redacción |
-
O equipo infantil do Club de Tenis, rumbo ao Campionato de España
Por Redacción |
-
Título autonómico para o equipo infantil do Club de Tenis
Por Redacción |
-
Un verán de tenis no Casino Mercantil
Por Redacción |
-
Vacacións de tenis en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Club de Tenis Pontevedra dá o nivel na División de Honra Cadete
Por Redacción |