O Pontevedra non estará só na Nueva Condomina
Por Redacción
Complicado si, pero non imposible. Con esa idea o Pontevedra traballa xa pensando en remontar a eliminatoria de cuartos de final polo ascenso a Segunda División ante o Real Murcia, que se puxo costa arriba tras a derrota 1-3 en Pasarón.
Mentres o plantel volveu aos adestramentos, o club anunciou a organización dunha viaxe para facilitar o desprazamento dos seus afeccionados a Murcia e lograr que o equipo non estea só o vindeiro domingo (19:00 horas) na Nova Condomina.
O prezo do desprazamento será de 25 euros (entrada incluída), tendo prioridade para anotarse os abonados.
A saída dos afeccionados granates producirase na noite do sábado ao domingo (0:00 horas) desde o Pavillón Municipal dos Deportes para regresar á conclusión do encontro.
Os interesados poden anotarse nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas ata o venres ás 14:00 horas.
CAPI ADESTRA CO GRUPO
O primeiro adestramento da semana, celebrado este luns en Príncipe Felipe, deixou unha boa noticia para Luisito coa volta ao grupo de Capi, que completou o adestramento ao mesmo ritmo que os seus compañeiros unha vez superados os seus problemas musculares.
Non foi así o caso de Mario Barco, que segue á marxe e será salvo contratempo o único ausente por lesión en Murcia. Futbolsitas como Jacobo Trigo ou Abel exercitáronse ademais con molestias derivadas do esforzo realizado o pasado sábado, pero espérase que, tras a xornada de descanso programada para este martes, poidan participar con normalidade na sesión preparatoria do mércores.
Relacionadas:
-
Adrián Cruz tampouco ve a eliminatoria resolta e espera "un Pontevedra mucho más ofensivo"
Por Diego Espiño |
-
A Nueva Condomina non se encherá para recibir ao Pontevedra
Por Redacción |
-
Edu Sousa: "el Pontevedra de este año ha hecho cosas más difíciles de la que le toca hacer el domingo"
Por Diego Espiño |
-
A contundencia e oficio do Real Murcia deixan ao Pontevedra a mercé dun milagre (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Fuches un dos miles de Pasarón? Búscate
Por Diego Torrado |
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |