Deporte para combater o abandono e fomentar a adopción de animais
Por Diego Torrado
A Illa das Esculturas acolleu este domingo a primeira edición da carreira popular Pontecan, organizada pola Asociación Os Palleiros de Pontevedra e a Protectora de Animais do Morrazo co obxectivo de recadar fondos para combater o abandono e fomentar a adopción de animais.
Os organizadores promoveron unha dobre xornada benéfico-deportiva na Illa dAs Esculturas este fin de semana que o sábado incluíu unha exhibición de 'agility', unha carreira para nenos menores de 12 anos, un desfile de cans en adopción e outra exhibición de 'ko, defensa e protección, obediencia e rastro' (19:00 horas. Xa este domingo, chegou a carreira popular,
Os participantes, que podían ir con ou sen can, tiñan a opción de completar en percorrido de 4 ou de 8 quilómetros e tamén cabía a posibilidade de optar por unha camiñada de 4 quilómetros. Para finalizar, petiscos e bebidas para todos.