O Concello convoca a comisión que resolverá as subvencións a clubs deportivos
Por Redacción
A comisión que valorará as subvencións aos clubs deportivos da cidade celebrarase o vindeiro mércores 24 de abril, segundo anunciou a concellería de Deportes de Pontevedra.
Estas axudas son as convocadas para o ano 2016 correspondentes á organización de escolas deportivas e ás subvencións anuais aos clubs.
Na súa comunicación o Concello recoñece "a demora na resolución destas axudas e o menoscabo que pode supor na xestión diaria dos clubs da cidade", polo que asegura que xa traballa na revisión das bases da seguinte convocatoria "para tratar de simplificar e axilizar a solicitude e resolución destas axudas".
A comisión, que se reunirá ás 9:00 horas con representación dos grupos municipais, concederá 300.000 euros aos clubs para sufragar o custo das competicións oficiais, mentres á organización das escolas deportivas destínanse máis de 100.000 euros.
Ao redor de 60 clubs deportivos solicitaron no seu momento as axudas, cuxo atraso foi motivo de crítica en varias ocasións por parte do grupo municipal do Partido Popular.
Por outra banda a concellería de Deportes anunciou que ultima a reslución da última liña de subvencións a clubs deportivos que se publicará en breve espazo de tempo.
Relacionadas:
-
O PP asegura que clubs deportivos de Pontevedra continúan sen recibir as axudas municipais correspondentes ao 2015
Por Redacción |
-
O pagamento das subvencións aos clubs deportivos, a finais de xuño
Por Redacción |
-
O PP asegura que os clubs deportivos están "desesperados tras dúas tempadas sen recibir subvencións municipais"
Por Redacción |