A Gladiator Race convoca un adestramento oficial para o martes 23 de maio
Por Redacción
A Gladiator Race quenta motores para a que será a súa terceira edición na cidade de Pontevedra, o próximo 3 de xuño.
Antes, para ir entrando en ambiente, a organización da proba convocou un adestramento oficial e gratuíto que se celebrará o martes 23 de maio no exterior do Pazo da Cultura, a partir das 20:00 horas.
Será unha sesión preparatoria dirixida aos participantes da carreira de obstáculos, que estará impartida polo adestrador oficial do evento, André Fit Trainer.
Durante a xornada, avanza a organización, traballarase a forza e a resistencia a través de exercicios funcionais e xogos de cooperación.