Froiz reparte 1.000 entradas 'xove' para o Pontevedra-Murcia
Por Redacción
Unha das empresas máis recoñecidas da cidade, Supermercados Froiz, decidiu colaborar activamente co Pontevedra na primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División ante o Real Murcia.
Para iso adquiriu un paquete de 1.000 entradas 'Xove' para o choque deste sábado (20:00 horas) en Pasarón que repartirá de maneira gratuíta.
As localidades serán válidas para calquera das bancadas do estadio, para o público menor de 18 anos.
Estas entradas poderán retirarse no Centro Hiper Froiz da rúa Cobián Roffignac de 18:00 a 20:00 horas durante o venres e de 11:00 a 14:00 horas do sábado, estando despois dispoñibles na sección 'Información' do hipermercado.
Relacionadas:
-
A contundencia e oficio do Real Murcia deixan ao Pontevedra a mercé dun milagre (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra nunca se rende
Por Diego Espiño |
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |
-
Optimismo granate antes da primeira batalla polo ascenso: "Vamos a lucharlo hasta el final"
Por Diego Espiño |
-
A venda de entradas para o Pontevedra-Murcia, a bo ritmo
Por Redacción |
-
Así é o Real Murcia, un xigante que loita por volver á elite
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Necesitamos o estadio ata a bandeira"
Por Diego Espiño |