Xornada de liga clave para os equipos da Gimnástica
Por Redacción
Importante xornada de liga a que afrontan este sábado os equipos da Sociedad Gimnástica na súa pelexa por manter a categoría nas súas respectivas competicións.
Os mozos viaxan ata Pamplona para disputar un duro enfrontamento de División de Honra no que, se queren meterse na final polo título, deben quedar na segunda posición e despois comparar os resultados doutros grupos para compensar o terceiro posto da xornada inicial. Ese posto daría á Gimnástica a permanencia na máxima categoría pola vía rápida.
Con todo enfronte o equipo pontevedrés terá ao campión de liga e Europa, o Playas de Castellón, e a dous equipos que o pasado ano tamén estiveron na final polo título, o Grupompleo Pamplona e o Tenerife CajaCanarias.
De non poder pechar a súa continuidade na máxima categioría en Pamplona, a Gimnástica acudiría á final pola permanencia que se disputará o 10 de xuño con 8 equipos implicados.
O EQUIPO FEMININO, EN BURGOS
Mellor pintan as cousas para o equipo feminino tras a súa positiva estrea de tempada na Primeira División. Tras o segundo posto logrado en Alcorcón, agora as pontevedresesas buscarán en Burgos referendar a súa permanencia.
Os seus rivais na segunda xornada de liga será o Image FDR, equipo anfitrión, o ISS Hospitalet, e o C.A. Torrent, sendo o Hospitalet o gran favorito para ocupar a primeira posición.
Relacionadas:
-
O equipo feminino da Gimnástica pelexará polo ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
Lugo comproba o bo nivel da canteira da Gimnástica
Por Redacción |
-
Fría estrea de tempada para a Gimnástica en División de Honra
Por Redacción |
-
Título autonómico para a Gimnástica no Campionato Galego por equipos ao aire libre
Por Redacción |
-
Sociedad Gimnástica e Poio Pescamar rubrican un convenio de patrocinio coa Deputación
Por Redacción |