Sanxenxo e Unión Grove certifican a permanencia e o Portonovo queda sen opcións
Por Redacción
Despois dunha tempada irregular Xuventú Sanxenxo e Unión Grove certificaron matematicamente a súa permanencia en Preferente a falta de dúas xornadas para o final da liga.
Ambos os equipos se enfrantaban no campo de Baltar de Arriba e o resultado foi un xusto empate (1-1) que deixa contento a todos.
Rubén aos 34 minutos adiantou aos visitantes, pero Héctor antes do descanso establecía unhas táboas que xa non romperían na segunda metade.
Co empate o Unión Grove queda na undñecima praza con 45 puntos e o Sanxenxo na décimo cuarta con 43.
Consulta a acta do Xavuentú Sanxenxo-Unión Grove.
Peor lle foron as cousas a un Portonovo que queda sen case opcións de lograr a permanencia na categoría despois de perder no campo dun rival directo, o Mondariz (2-0).
Nacho aos 4 minutos puxo en vantaxe aos locais, no que supuxo un duro golpe para os arlequinados, que con todo repuxéronse e foron en busca da igualada ata que no tramo final chegou a sentenza de Diego Puentes.
A derrota deixa ao Portonovo na décimo oitava praza con 32 puntos, a 5 do Caselas cando só restan 6 en xogo.