A Federación Española recoñece 14 anos despois o récord de España de Gustavo Dacal
Por Redacción
Fíxose xustiza 14 anos despois. É o tempo que pasou desde que en 2003, nunha xornada de atletismo celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Gustavo Dacal sorprendía a todos logrando unha marca estratosférica no lanzamento de xavelina.
Aqueles 78,88 metros supoñían o récord nacional absoluto, pero a Federación Española de Atletismo non homologou a marca.
Iniciouse entón un longo proceso de recurso no que o atleta de Ponte Caldelas chegou a contar cunha resolución favorable do Tribunal Supremo. Con todo non foi ata agora cando o organismo que rexe o atletismo español incluíu o rexistro, que ninguén superou aínda, na táboa de récords nacionais dándolle a validez que merece.
"Hoy amanecí con esta agradable noticia. 14 años tarde pero al final, al César lo que es del César", celebrou o propio Dacal a través da súa páxina de Facebook antes de desexar "que dure poco", desexando que máis pronto que tarde alguén consiga bater unha marca, que agora si, figura na historia do atletismo nacional.
Relacionadas:
-
O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño | Creada e actualizada