Lugo comproba o bo nivel da canteira da Gimnástica
Por Redacción
A canteira da Gimnástica demostrou a pasado fin de semana no Campionato de Galicia de Clubs para as categorías cadete e junior celebrado en Lugo.
No estadio Gregorio Pérez Rivera as promesas do club pontevedrés protagonizou un gran papel, sobre todo na categoría cadete na que tanto o equipo masculino como o feminino subiron o máis alto do podio.
Os mozos lograron 152 puntos, mentres o equipo feminino foise ata os 190 superando a todos os seus rivais na calsifiacción xeral.
Pola súa banda en idade junior a Gimnástica foi terceira na categoría feminina e cuarta na masculina, a só 22 puntos do podio.
A nivel individual, algúns dos nomes da xornada, mellorando en moitos casos as súas mellores marcas, foron: Xiana González, gañadora dos 200 metros cunha marca de 25.79; Alberto Pérez, 52.36 nos 400 metros; Lucía Ferrer, cunha marca de 15.49 nos 100 metros valas; Noa Vázquez, que mellorou o seu mellor rexistro nos 400 metros valos con 1:12.96; Xavier Rodríguez, primeiro nos 2000 metros obstáculos con 6:40.21; Marco Martínez en altura con 1.77; Pablo Tojal no salto con pértega cunha marca de 3.85; Hugo García nos 3000 metros con 10:00.69; Pablo Boleas nos 300 metros valos con 47.17; ou Raúl Cortizo, na altura en categoría cadete 1,85 metros.
Relacionadas:
-
Boa actuación dos xuvenís da Gimnástica en Xetafe
Por Redacción |
-
O Galego de Probas Combinadas péchase no CGTD con 10 medallas para a Gimnástica
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O equipo feminino da Gimnástica pelexará polo ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
Xornada de liga clave para os equipos da Gimnástica
Por Redacción |
-
Fría estrea de tempada para a Gimnástica en División de Honra
Por Redacción |
-
Título autonómico para a Gimnástica no Campionato Galego por equipos ao aire libre
Por Redacción |
-
Sociedad Gimnástica e Poio Pescamar rubrican un convenio de patrocinio coa Deputación
Por Redacción |