O descenso, máis preto para o Portonovo a pesar de empatar ante o líder
Por Redacción
Acábase o tempo para o Portonovo, que ten cada vez máis preto o descenso a Primeira Rexional despois de non pasar do empate esta fin de semana.
Os arlequinados salvaron un punto ante un rival complicado como o líder, Cultural Areas (2-2), pero resulta insuficiente para abandonar os postos de descenso directo, que ocupa ao ser décimo oitavo con 32 puntos, 5 menos que o equipo que lle precede cando restan só tres xornadas para o final da competición.
Adiantouse ata as dúas ocasións o Cultural Areas, primeiro no minuto 8 de xogo no que supuxo un duro mazazo para os locais. Con todo non se renderon e seguiron pelexando sen descanso para, a falta dun cuarto de hora, atopar recompensa co gol de Félix Aguín que facía o empate e daba esperanzas ao equipo.
Esas esperanzas romperon no minuto 87 co segundo tanto dos visitantes. Quedaba pouco tempo e o Portonovo só puido volver poñer as táboas no marcador, no último minuto, por medio de Lautaro.
Consulta aquí a acta do Portonovo-Cultural Areas.
Deixou atrás a súa mala serie o Unión Grove para sumar unha clara vitoria na casa ante o Mondariz (4-1).
Caamaño no minuto 11 poñía en vantaxe o cadro meco, e entrado xa no segundo acto repetía para encarrilar a contenda. Chegaría mesmo o 3-0, de Rubén Carreira, antes de que un penalti permitise aos visitantes recortar distancias. Faltaban 20 minutos para a conclusión, pero o Grove abortou rapidamente calquera intento de remontada co cuarto, segundo na conta de Rubén.
Co triunfo o Unión Grove ascende á duodécima praza de Preferente con 44 puntos.
Consulta aquí a acta do Unión Grove-Mondariz.
O que prolonga unha semana máis o seu mal momento é o Xuventú Sanxenxo (2-2). O Caselas adiantouse no marcador, de penalti, pero os amarelos remontaron con goles de Luciando e Marcos Dopazo xa no segundo tempo. Parecía que non podía esparse a vitoria, ata que chegou a segunda pena máxima do partido en contra dos de Sanxenxo, no último minuto, que viron como voaban dous merecidos puntos.
Co empate o Sanxenxo é agora décimo terceiro con 43 puntos.