Cheo na Senra e Baltar para gozar da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción
Espectacular xornada de fútbol a vivida este 1 de maio en Portonovo e Ribadumia, sedes dos cuartos de final da Copa de Campións da División de Honra Xuvenil.
Os campos de fútbol de Baltar e A Senra vestiron os seus mellores galas cun cheo absoluto nas bancadas para gozar dalgunhas das grandes promesas do fútbol nacional.
A xornada comezou ben pronto en Portonovo, ás 10:00 horas, co encontro entre o defensor do título, o Málaga, e o Fútbol Club Barcelona. Un arranque brillante cun partido de goles e bo xogo que se decantou para o bando andaluz (4-2). Tres ese choque chegaba a quenda do Celta de Vigo, que fixo valer os dous goles que marcón nos primeiros 10 minutos de xogo para dobregar a Osasuna (2-1).
Xa pola tarde, en Ribadumia, continuou a competición co derbi madrileño entre Real Madrid e Atlético de Madrid, que levaron os brancos (2-1). Pola súa banda o broche da xornada púxoo o duelo entre Las Palmas e Villarreal que gañaron os segundos (0-2).
Desta forma as semifinais, que se disputarán o día 3 de maio en Ourense, serán Málaga-Celta e Real Madrid-Villarreal. A final, tamén no estadio ourensán do Couto está prevista para o vindeiro sábado 6 de maio.
Relacionadas:
-
Baltar e A Senra engalánanse para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Á venda as entradas para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Horarios confirmados para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Sorteados os cruzamentos da Copa de Campións de fútbol xuvenil que se xogará en Portonovo e Ribadumia
Por Redacción |
-
Baltar e A Senra, confirmadas como sedes da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |