Fernando Echávarri e Tara Pacheco repiten vitoria na Copa do Mundo de Hyeres
Por Redacción
Non puido comezar mellor o novo ciclo olímpico para Fernando Echávarri e Tara Pacheco na clase Nacra 17 de vela. Ao seu triunfo no recente Trofeo Princesa Sofía, o regatista pontevedrés e a súa compañeira de tripulación sumaron esta fin de semana a vitoria na proba da Copa do Mundo disputada na localidade francesa de Hyères.
Echávarri e Pacheco situáronse desde a primeira xornada nas posicións cabeceiras, e mostraron unha gran regularidade para chegar como líderes ao último día de competición, a Medal Race.
Na última xornada foron mellores que os seus rivais confirmando a medalla de ouro e revalidando o título logrado hai un ano nas mesmas augas.
O equipo galego-canario finalizou con 36 puntos, con 15 de vantaxe sobre os segundos clasificados, os franceses Moana Vaireaux e Manon Audinet, e 20 sobre os terceiros, os daneses Lin Ea Cenholt e Christian Peter Lübeck.
Relacionadas:
-
Prata mundial para Fernando Echávarri e Tara Pacheco na clase Nacra 17 de vela
Por Redacción |
-
Fernando Echávarri recibirá en Baiona o Premio Nacional de Vela
Por Redacción |
-
Fernando Echávarri e Tara Pacheco, ouro na final da Copa do Mundo de vela
Por Redacción |
-
Grande arranque de Fernando Echávarri e Tara Pacheco na Copa do Mundo de Hyeres
Por Redacción |
-
Triunfo final para Fernando Echávarri no Trofeo Princesa Sofía de vela
Por Redacción |