Empate insuficiente do Portonovo e derrotas de Sanxenxo e Unión Grove
Por Redacción
Cada vez máis negro está o panorama para o Portonovo na súa pelexa por manter a categoría na Preferente. Aos arlequinados acábaselles o tempo para reaccionar tras empatar a domicilio no campo do Pontellas (3-3).
O Portonovo chegou a gozar de dous goles de vantaxe, pero os locais igualaron a dous minutos do final facendo inútil o seu esforzo.
Félix Aguín aos 7 minutos adiantaba ao Sanxenxo, e tras empatar o Pontellas repetía no primeiro minuto do segundo tempo co 1-2. Pablo Silva ampliaba distancias no 69 antes da reacción do Pontellas, que reducía distancias no 75 e empataba finalmente ao fío do minuto 90.
Co empate o Portonovo non logra achegarse á zona de salvación e é décimo oitavo con 31 puntos.
Consulta a acta do Pontellas-Portonovo.
O Unión Grove saíu derrotado de Ponteareas (3-1) nun duelo de alternativas máis disputado do que reflicte o marcador, e o que o cadro meco adiantouse no primeiro miunuto de xogo por medio de Diego Blanco, pero na seguinte xogada o Cultural Areas lograba empatar.
Desde entón o partido foi intenso e igualado ata que os locais, no 86 e no 90 sentenciaron.
Coa derrota o Unión Grove non logra deixar atrás a súa mala serie de resultados e é décimo terceiro con 41 puntos.
Consulta a acta do Cultural Areas-Unión Grove.
Terceira derrota consecutiva tamén para o Xuventú Sanxenxo, no seu caso nun partido de moitos goles ante o Atios (2-4).
Os amarelos pagaron a súa mala primeira metade, marchando ao descanso cun contundente 0-3 no marcador.
Os de Óscar García só podía mellorar e fixérono, meténdose no choque cun gol de Javi Nogueira de penalti e outro de Héctor que alimentaban as esperanzas de remontar. Foi así ata que o Atios conseguiu sentenciar no último minuto.
O Xunvetú Sanxenxo é agora duodécimo na clasificación con 42 puntos.