O Lago de Castiñeiras énchese de 'Kamikazes'
Por Redacción & Cristina Saiz
O Open de Galicia de Descenso aterrou este domingo en Marín coa cuarta edición do DH Kamikazes.
Ata 90 especialistas de descenso BTT, nas diferentes categorías, participaron nunha proba que fixo as delicias do público que se achegou ata o Lago de Castiñeiras, lugar do que partía o circuíto de 2 quilómetros habilitado pola organización.
Despois dun sábado con adestramentos na zona, foi este domingo cando se disputou a competición oficial, cunhas series clasificatorias desde as 11:00 horas e a final ás 13:00 horas.
O vencedor na segunda proba da tempada do Open de Galicia de Descenso foi Marco Veiga (Ciclos Quintena), cunha mínima diferenza sobre Gabriel Alonso (Xtremebike). Terceiro foi Manuel Pellón (BDM Bike Club) completando o podio.
Consulta aquí a clasificación final completa do IV DH Kamikazes.