Derrota do Ribadumia que lle deixa ao bordo do abismo mentres respira o Céltiga e gañan Arosa e Villalonga
Por Redacción
Perdeu o Ribadumia unha verdadeira final pola permanencia e o seu futuro en Terceira División pasa a depender de gañar os dous partidos que quedan e esperar que os seus rivais, Alondras e Céltiga, que se enfrontan a próxima xornada, déanlle facilidades.
Precisamente fronte ao Alondras os de Sierra non puideron coa ansiedade e viron como un solitario gol de Andrés nos primeiros minutos, daba a vitoria aos do Morrazo, nun partido cheo de nervios, que puido gañar calquera.
Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Alondras.
Repartición de puntos no Salvador Otero que non resolve as necesidades que tiñan Céltiga e Racing Villalbés. Os locais seguen en zona de perigo, mentres que o conxunto lucense ve como aumenta a distancia que lle separa dos postos de play-off.
Adiantouse o Villalbés aos 40 minutos, ao transformar Gerardo Carreira un penalti, empatando o Céltiga nada máis iniciarse a segunda parte, por medio de Jonatan.
Consulta aquí o acta do partido Céltiga-Racing Villalbés.
Aproveitou o Arosa a visita a Vista Alegre, onde o pechacancelas Órdenes só foi capaz de gañarlle ao Dubra. Os locais aguantaron só 13 minutos e o equipo de Jorge Otero sacou proveito do empate do Bergantiños no campo do Choco, para achegarse ao cuarto posto, do que lle separa un punto.
Sergio Santos abría o marcador nos minutos iniciais. Despois o equipo local tivo varias ocasións para empatar que non aproveitou, ata que Monroy fixo o segundo tras o descanso.
A pesar de que quedaba moito tempo por diante, o Arosa soubo defender a vantaxe e apenas concedeu oportunidades aos propietarios do terreo.
Consulta aquí o acta das partido Órdenes-Arosa.
Marcando ao comezo do partido e ao final. Así resolveu o Villalonga o seu partido fronte ao Barco, para agrandar o seu cualificativo de equipo revelación da tempada.
Os de Antonio abriron o marcador aos cinco minutos de xogo, cun gol de Javi Pazos, pero o conxunto visitante lograría empatar superada a hora de xogo, grazas a un tanto conseguido por Borja.
Con alternativas para ambos os equipos, sería o Villalonga quen se impuxese na recta final. Richi marcaba a falta de 12 minutos e no desconto Josiño sentenciaba o resultado para os celestes.
Consulta aquí o acta do partido Villalonga-Barco.
Relacionadas:
-
O Arosa necesita unha complicada carambola ao caer co Villalonga. Ribadumia e Céltiga coa auga ao pescozo
Por Redacción |
-
As dúas últimas xornadas en Terceira División, en horario unificado
Por Redacción |
-
Empate entre Céltiga e Ribadumia que non serve a ningún. Arosa e Villalonga tamén empatan a domicilio
Por Redacción |