As dúas últimas xornadas en Terceira División, en horario unificado
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol decidiu unificar as dúas últimas xornadas de competición na Terceira División, que se disputarán os domingos 7 e 14 de maio ás 18:00 horas.
Serán citas clave para o Arosa na plarte alta na súa loita por entrar no play-off e para Ribadumia e Céltiga na parte baixa co obxectivo de evitar as prazas que poden supoñer un arrastre a Preferente ante o descenso confirmado desde Segunda B do Somozas e a posibilidade de que tamén caia o Boiro.
Nas dúas últimas xornadas o Arosa enfrontarase a Villalonga na Lomba e a Rápido de Bouzas a domicilio. Pola súa banda o Ribadumia xogará o 7 de maio no campo do Castro e pechará a liga en casa ante As Pontes e o Céltiga visitará ao Alondras e recibirá ao Castro. Ademais o Villalonga, sen nada en xogo, tras visitar ao Arosa pechará a liga como local ante o Órdenes.
A decisión de unificar as últimas xornadas comunicouse aos clubs nunha reunión na que a Federación Galega de Fútbol fixo entrega das axudas económicas comprometidas polos desprazamentos da tempada, e que ascenden na súa totalidade a case 100.000 euros. No caso dos clubs da comarca o Céltiga recibiu 4.890,40 euros, o Ribadumia 4.876,48 euros, o Villalonga 4.967,20 euros e o Arosa 4.832,32 euros.
Relacionadas:
-
O Arosa necesita unha complicada carambola ao caer co Villalonga. Ribadumia e Céltiga coa auga ao pescozo
Por Redacción |
-
Derrota do Ribadumia que lle deixa ao bordo do abismo mentres respira o Céltiga e gañan Arosa e Villalonga
Por Redacción |
-
Empate entre Céltiga e Ribadumia que non serve a ningún. Arosa e Villalonga tamén empatan a domicilio
Por Redacción |