Á venda as entradas para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción
As entradas para a Copa de Campións de fútbol xuvenil poden adquirirse xa na sede pontevedresa da Federación Galega de Fútbol e nos campos de fútbol de Baltar e A Senra.
A Federación Galega activou a venda de localidades para a competición, cuxos cuartos de final celebraranse o 1 de maio en Portonovo e Ribadumia.
En cada unha das localidades disputaranse dous encontros, comezando coa xornada matinal en Baltar na que se enfrontarán ás 10:00 horas o Málaga-Barcelona seguido do Osasuna-Celta ás 12:30 horas. Xa pola tarde en Ribadumia ás 16:00 horas tomará a testemuña o Atlético de Madrid-Real Madrid e concluirá a xornada o Las Palmas-Villarreal ás 18:30 horas.
O prezo para o público adulto fixouse en 10 euros para dous partidos (mañá ou tarde) e de 15 para a xornada completa en ambas as localidades. Os menores de 14 anos non pagarán, aínda que deberán retirar previamente unha invitación.
Ademais o abono completo para todo o campionato, que inclúe as semifinais e final que se disputarán en Ourense, no estadio do Couto, fixouse en 30 euros.
O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas na sede da Federación Galega de Fútbol, de 18:00 a 21:00 horas no campo de Baltar e de 17:00 a 21:00 horas no da Senra. En ambos os campos os despachos de billetes abrirán tamén unha hora antes do inicio do comezo da xornada, o día 1 de maio.
Relacionadas:
-
Cheo na Senra e Baltar para gozar da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Baltar e A Senra engalánanse para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Horarios confirmados para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Sorteados os cruzamentos da Copa de Campións de fútbol xuvenil que se xogará en Portonovo e Ribadumia
Por Redacción |
-
Baltar e A Senra, confirmadas como sedes da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
RADIO.- As Rías Baixas acollerán xunto a Ourense a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Diego Espiño |