O marinense Pablo Fernández, de xira asiática co equipo nacional de taekwondo
Por Redacción
Unha selección de taekwondistas españois participará nos próximos días nunha xira asiática da man da Federación Española de Taekwondo, e entre eles estará o marinense Pablo Fernández (+87 quilos).
O deportista do Mat's de Marín foi incluído nunha convocatoria na que tamén figuran outros 20 taekwondistas, destacando os medallistas olímpicos Joel González (-63 quilos) e Eva Calvo.
O Equipo Nacional de taekwondo afrontará do 4 ao 20 de maio unha concentración no centro de alto rendemento de Seúl, en Corea do Sur, onde participarán nun adestramento conxunto cos deportistas locais.
Esta xira asiática servirá para preparar o Campionato do Mundo que terá lugar tamén en Corea, concretamente na localidade de Muju, do 24 ao 30 de xuño, cita na que espera estar Pablo Fernández convencendo aos técnicos nacionais co seu rendemento.
Completan a convocatoria Jesús Tortosa (-58 quilos), Marcos Caballero (-63 quilos), Adrián Vicente (-54 quilos), Javier Pérez (-68 quilos), José Antonio Rosillo (-68 quilos), Daniel Quesada (-74 quilos), Raúl Martínez (-80 quilos), Ramón Fuiz (-80 quilos), Daniel Ros (-87 quilos), Marta Calvo (-67 quilos), Irene Laguna (-46 quilos), Blanca Palmer (-49 quilos), Tania e Lydia García (-53 quilos), Lydia Fernández (-57 quilos), Cecilia Castro e Aida Martínez (-73 quilos) e Rosanna Simón (+73 quilos).
Relacionadas:
-
Amarga eliminación de Pablo Fernández no Campionato do Mundo de Taekwondo
Por Redacción |
-
O marinense Pablo Fernández, a polo seu primeiro Mundial de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo de base pontevedrés 'exhíbese' no Municipal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O taekwondo de base ten unha cita no Municipal
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz, ás portas das medallas no Europeo sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés, protagonista no Open de España
Por Redacción |
-
O Mat's brilla no Campionato de España Absoluto de taekwondo
Por Redacción |