Porta pechada para preparar o choque ante o Coruxo
Por Diego Espiño
A concentración é máxima no plantel do Pontevedra Club de Fútbol para tentar lograr un triunfo o domingo (17:00 horas) ante o Coruxo que lles achegue ao play-off de ascenso e faga esquecer o inesperado tropezo do pasado fin de semana nas Somozas.
A importancia que o equipo granate e o seu entranador, Luisito, danlle ao choque ante o cadro vigués reflíctese na decisión de blindar as sesións de traballo previas ao partido, algo que esta tempada repetiron en xornadas importantes ou cando o rival é un club veciño.
Ambas as circunstancias danse agora, polo que o corpo técnico decidiu programar dous adestramento a porta pechada no Estadio Municipal de Pasarón, a deste xoves (17:00 horas) e a do sábado (10:00 horas).
Luisito poderá contar previsiblemente para a cita con todo o seu plantel menos Portela, xa que o central segue recuperándose da lesión de xeonllo que lle mantivo fóra de xogo as últimas xornadas, coa intención de chegar en boas condicións á fase final da competición e a un posible play-off.
Será un duelo o do Coruxo con moito en xogo xa que o cadro vigués pelexa por conseguir praza na próxima edición da Copa do Rei, aínda que os de Rafa Sáez non chegan no seu mellor momento da tempada tras conseguir un só triunfo nas seis últimas xornadas. O técnico visitante non poderá aliñar en Pasarón ao centrocampista Jorge Fernández, sancionado cun partido de suspensión pola súa expulsión ante o Celta B.
Relacionadas:
-
Non aproveita o Pontevedra o tropezo dos seus rivais ao empatar co Coruxo (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, a confirmar as súas aspiracións ante o Coruxo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite promocións para a visita do Coruxo a Pasarón
Por Redacción |
-
Pasarón ditará sentenza na loita polo play-off
Por Diego Espiño |
-
Inesperado tropezo do Pontevedra nas Somozas (1-0)
Por Raúl Salgado |