O Villalonga queda en terra de ninguén tras perder ante o Bergantiños (0-1)
Por Redacción
Se o Villalonga tiña algunha remota posibilidade de aspirar á cuarta posición, esta esfumouse tras perder este sábado en San Pedro ante o Bergantiños (0-1).
Os celestes caeron ante un aspirante ao play-off, que ascende agora precisamente ao cuarto posto, e quedan en terra de ninguén na táboa, novenos con 49 puntos, a 11 das posicións de honra.
Foi un partido disputado entre ambos e que se decidiu por pequenos detalles, como o tanto de Nacho para os visitantes cando só transcorreran 8 minutos de xogo.
Tentouno desde entón o Villalonga para lograr polo menos a igualada, pero non contou con acerto ante a meta rival.