Deporte de quilates na terceira xornada do Circuíto de Atletismo de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva viviu este mércores unha xornada especial coa terceira cita do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra.
A xornada máis concorrida das celebradas ata a data contou coa presenza de atletas de gran nivel, como os integrantes da Selección Nacional Junior de fondo e mediofondo que se atopan concentrados en Sanxenxo e que tamén protagonizaron adestramentos pola cidade.
Así, ademais dos junior, nas instalacións do CGTD competiron deportistas da talla do olímpico Frank Casañas, o campión de España de triplo salto Alfonso Palomanes ou o campión nacional cadete El Medhi Al Nabaoui, entre outros.
A próxima xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra celebrarase o domingo 28 de maio.
Relacionadas:
-
Atletismo de nivel na pista do CGTD
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Okutu e Lidia Parada, ao asalto da mínima mundialista nunha nova xornada do Circuíto de Atletismo de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lidia Parada, nome propio da cuarta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Animada xornada de atletismo no CGTD
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O CGTD, escenario da segunda xornada do Circuíto de Atletismo en Pista
Por Redacción |
-
O CGTD acollerá esta tempada un circuíto de atletismo en pista
Por Redacción |