Baltar e A Senra, confirmadas como sedes da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción
Os campos de fútbol de Baltar, en Portonovo, e A Senra, en Ribadumia, será finalmente os campos elixidos nas Rías Baixas para acoller a Copa de Campións de fútbol xuvenil, cuxas semifinais e final adxudicáronse á cidade de Ourense.
En Portonovo e Ribadumia disputaranse, o día 1 de maio, os partidos de cuartos de final da competición, dous en cada un dos campos.
Na Copa de Campións competirán os primeiros clasificados de cada un dos grupos de División de Honoar Xuvenil e o mellor segundo, é dicir: Celta, Osasuna, Barcelona, Málaga, Real Madrid, Las Palmas, Villarreal e Atlético de Madrid.
Coa premisa de que os encontros debían xogarse en campo de herba natural, a Federación Galega de Fútbol propuxo á Federación Española cinco alternativas, entre as que tamén se atopaban os campos da Lomba (Vilagarcía), Salvador Otero (A Illa) e Burgáns (Cambados).
A elección de Baltar e A Senra responde á intención de cumprir mellor coas esixencias federativas, principalmente a de contar coa dispoñibilidade de catro vestiarios.
A presentación oficial da Copa de Campións e o sorteo da competición desenvolverase este martes ás 12:15 horas nun acto que terá como sede o Real Club Náutico de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Cheo na Senra e Baltar para gozar da Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Baltar e A Senra engalánanse para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Á venda as entradas para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Horarios confirmados para a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Redacción |
-
Sorteados os cruzamentos da Copa de Campións de fútbol xuvenil que se xogará en Portonovo e Ribadumia
Por Redacción |
-
RADIO.- As Rías Baixas acollerán xunto a Ourense a Copa de Campións de fútbol xuvenil
Por Diego Espiño |