Portonovo apúntase á BTT para promocionar a Festa da Raia
Por Redacción
A Festa da Raia terá este ano un complemento deportivo para os afeccionados á bicicleta de montaña, a primeira Ruta BTTraia.
O Club Ciclista Corbelo organiza a ruta popular, que se celebrará o próximo 29 de abril en Portonovo para pasar tamén polos municipios de Meaño, Meis, Poio.
Serán en total 35 quilómetros de dificultade técnica media e que contarán co aliciente persoal dun tramo de ascensión cronometrada, contando con que a ruta é de carácter non competitivo.
A saída está prevista para as 16:00 horas, e tras a proba os participantes poderán gozar da cea de maneira gratuíta na carpa da Festa da Raia.
A inscrición está limitada a 250 deportistas a un prezo de 12 euros para os ciclistas federados e de 22 euros para os que non o estean, podendo formalizarse a través da web www.championchipnorte.com ata o día 26 de abril.
Relacionadas:
-
A Festa da Raia, punto de partida da quinta Ruta Cabalar
Por Redacción |
-
Cinco pratos diferentes para unha Festa da Raia que promete prezos "anticrise"
Por Redacción |
-
Dezaseis locais de hostalería participan na primeira Ruta Pincho e Raia de Portonovo
Por Redacción |
-
Buscan novas iniciativas para potenciar a Festa da Raia de Portonovo
Por Redacción |