Gloria nacional para a canteira do Squash Pontevedra en Valencia
Por Redacción
A canteira do Squash Pontevedra recibiu a pasado fin de semana un impulso ao seu gran traballo cun excepcional resultado no Campionato de España Sub-17.
Dous dos seus deportistas, Marta Domínguez e Gonzalo Romero, proclamáronse campións nacionais da súa idade na competición celebrada en Valencia.
Despois dun sobresaliente torneo, Marta conseguiu o título ao derrotar na gran final á á murciana Ingrid Ruiz por un contundente 3-0 (11-4, 11-5 e 11-2), mentres Gonzalo Romero superou no partido definitivo ao canario Iván Pérez por tres mangas a unha.
Completou a representación do club pontevedrés María Domínguez cun notable resultado, ao ser quinta na clasificación final.