A esgrima galega ten unha cita en Pontevedra
Por Redacción
Cita coa mellor esgrima autonómica durante a próxima fin de semana co VI Trofeo Pirata Benito Soto.
As Escola Hungaresa de Esgrima organiza unha competición que se celebrará os días 1 e 2 de abril no Centro Social Sur da cidade e que renuirá aos mellores clubs galegos.
A cita será a terceira proba do Ránking de Sabre Autonómico e do Ránking Autonómico M-14. Ademais organizarase tamén a Liga de Miniesgrima.
O Trofeo arrincará ás 10:30 horas do sábado coa categoría M-12 e a Miniesgrima, para deixar paso despois á M-17 e a absoluta repartida entre a xornada de mañá e de tarde, desde as 16:30 horas. O domingo pola súa banda, desde as 10:00 horas, participarán os deportistas da categoría M-14 e tamén da absoluta masculina.