Mario Barco, listo para volver ao equipo en Ponferrada
Por Diego Espiño
A volta ao traballo do Pontevedra tras a xornada de descanso do martes deixou unha grata confirmación nas filas granates. Mario Barco está listo para volver ao equipo, unha vez superada a contractura muscular sufrida ante o Valladolid B e que lle mantivo apartado dos terreos de xogo as dúas últimas semanas.
"O médico dixo que xa non había problema", recoñece Luisito, polo que o pichichi do equipo será previsiblemente a gran novidade da lista de convocados do técnico para o choque ante a Ponferradina no Toralín, unha convocatoria na que non estará Kevin Presa unha vez confirmada a sanción dun encontro por acumulación de amoestacións, e tampouco os lesionados Iker Alegre e Portela.
No caso deste último, as molestias no xeonllo coas que concluíu o choque ante o Tudelano teranlle fóra de xogo en principio unha semana. O seu obxectivo é estar recuperado para enfrontarse a seguinte xornada ligueira á Cultural Leonesa, aínda que iso dependerá da evolución que presente nos próximos días.
Os que tamén volverán ao equipo e probablemente ao once titular serán Miguel Loureiro e Bonilla nos dous laterais, unha vez cumpridas as súas respectivas sancións.
Por outra banda no adestramento celebrado este mércores no campo do Buelo, en Moraña, Mateu Ferrer exercitouse con molestias por un golpe no cuádriceps, pero a súa presenza en Ponferrada non corre perigo.
Relacionadas:
-
Mateu falla un penalti e o Pontevedra deixa escapar a ocasión de descartar á Ponferradina (1-0)
Por Redacción |
-
"A morte" a Ponferrada e con todo o plantel
Por Diego Espiño |
-
Ante a Cutural Leonesa, en sábado
Por Redacción |
-
A Ponferradina, un rival en cadro e ferido para recibir ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Viaxe de balde para acompañar o Pontevedra no Toralín
Por Redacción |
-
A fe e a ambición dá a remontada ao Pontevedra sobre o Tudelano, con gol de Bruno no desconto (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |