A EP Ciudad de Pontevedra pon o foco no Nacional de Novas Promesas de piragüismo
Por Redacción
Despois de tomar parte no Campionato de España Absoluto de Inverno, a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra pon o seu foco nun novo obxectivo.
O club pontevedrés desprazará esta fin de semana, de novo a Sevilla, a un equipo composto por 28 padexeiros en idade cadete e infantil para participar no Campionato de España de Novas Promesas.
A escola ten grandes esperanzas postas nesta competición, na que o pasado ano xa conseguiu varias medallas como a terceira posición de Rodrigo Villaverde na categoría C-1 infantil A, o ouro de Antía Otero en C-1 infantil B ou o bronce de María de la Peña no C-1 cadete B.
O campionato celebrarase na Cartuja sobre a distancia de 5.000 metros para os deportistas cadetes e de 3.000 metros para os infantís.
"Este ano somos moitos e hai moito nivel no club", recoñeceu o seu presidente, Óscar Ponte, confiado en poder regresar tras lograr un bo resultado.