A liga galega infantil de piragüismo arrinca en Verducido
Por Redacción
A pista de piragüismo David Cal, no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, será o punto de partida para a tempada oficial en categoría infantil.
En Verducido daranse cita máis de 470 padexeiros de 36 clubs galegos na primeira cita da Liga Galega Infantil, na que tamén participarán deportistas da categoría Alevín A.
A competición desenvolverase o sábado 25 de marzo a partir das 10:30 horas, con regatas que van desde os 1.500 metros de lonxitude na categoría Muller Alevín A ata os 3.000 metros que completarán os mozos Infantil A.
O Club Náutico Pontecesures, campión da pasada edición, presentará o equipo máis numeroso nunha xornada na que outro dos favoritos será a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, cun equipo formado por 26 padexeiros.