O Club de Tenis Pontevedra dá o nivel na División de Honra Cadete
Por Redacción
As pistas do Club de Tenis Pontevedra na Caeira gozaron durante a fin de semana das mellores promesas autonómicas da raqueta na fase final do Campionato Galego Cadete por Equipos de División de Honra.
O equipo local protagonizou un gran torneo e quedou a un só paso do título na categoría feminina, na que avanzou ata a final para perder no enfrontamento definitivo ante o Club Tenis Coruña (3-1). Antes superaran na semifinal ao CCD Sanxenxo polo mesmo tenteo.
En canto á competición masculina, o equipo do Club de Tenis Pontevedra superou os cuartos de final gañando ao USC (3-1), pero cedeu na semifinal ante Ureca (2-3). O vencedor foi tamén o Club de Tenis Coruña.
MERCANTIL, SUBCAMPIÓN GALEGO ALEVÍN
O outro club tenístico da cidade, o Mercantil, foi protagonista no autonómico de categoría alevín ao plantarse na final, na que perdeu ante o Club de Tenis Coruña nunha fase celebrada na localidade herculina.
Relacionadas:
-
O equipo infantil do Club de Tenis, rumbo ao Campionato de España
Por Redacción |
-
Título autonómico para o equipo infantil do Club de Tenis
Por Redacción |
-
Un verán de tenis no Casino Mercantil
Por Redacción |
-
Club de Tenis Pontevedra, CCD Sanxenxo e Mercantil logran bos resultados no Campionato Galego
Por Redacción |
-
O Campionato Galego Cadete por Equipos decídese no Club de Tenis Pontevedra
Por Redacción |