O Portonovo rompe a súa dinámica negativa mentres Sanxenxo e Grove caen derrotados
Por Redacción
Balón de osíxeno para o Portonovo, que fixo bo a crenza de 'a adestrador novo vitoria segura' e conseguiu romper a súa dinámica negativa no momento máis oportuno, ante un rival directo pola permanencia como o Polígono San Ciprián (2-0).
Pacho Oliveira estreouse con triunfo como técnico arlequinado nun partido no que os de Baltar mostraron a súa vontade de abandonar os postos perigosos.
Pablo Silva aos 16 minutos adiantou aos locais, que tiveron que sufrir ata o 83, cando Marcos Blanco sentenciou co segundo tanto.
Con este triunfo o Portonovo ascende ata a décimo sexta posición de Preferente con 26 puntos.
Consulta aquí a acta do Portonovo-Polígono San Ciprián.
Clara derrota do Xuventú Sanxenxo no campo dun dos aspirantes ao ascenso de categoría, o Arenteiro (3-0).
Os amarelos víronse pronto por detrás no marcador, no minuto 13, e non foron capaces de reaccionar ante un equipo que golpeou en dúas ocasións máis, antes do descanso e ao comezo do segundo acto para sentenciar.
Coa derrota o Sanxenxo queda na décimo terceira praza con 38 puntos.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Arenteiro.
Tamén perdeu, na que é a súa segunda derrota consecutiva en liga, o Unión Grove ao verse sorprendido no Monte da Vila ante o Porriño Industrial (1-2).
O partido decantouse en favor dos visitantes no tramo final con dous goles de Pedro Martínez, o segundo de penalti. Recortou distancias Pablo González no 83, pero non foi capaz o cadro meco de completar a remontada.
O Unión Grove permanece na oitava posición da táboa con 40 puntos.
Relacionadas:
-
Vitoria do Sanxenxo para romper a súa serie negativa e derrotas de Portonovo e Unión Grove
Por Redacción |
-
O partido entre Marcón e Arosa, duelo estrela na primeira rolda da Copa Deputación
Por Redacción |
-
O Portonovo cae a postos de descenso, tropezo do Unión Grove e empate do Sanxenxo
Por Redacción |