Pedro Merino dálle ao Super Froiz a vitoria no Trofeo Iberdrola en Zamora
Por Redacción
Boa colleita a conseguida polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz en terras zamoranas. Se o sábado a escuadra alimenticia lograba o premio da Montaña no trofeo Ayuntamiento de Zamora, este domingo conseguía a vitoria absoluta no prestixioso Trofeo Iberdrola, unha proba que chegaba á súa edición número 70, en ambas as carreiras co manchego Pedro Merino como protagonista.
A do sábado foi unha carreira rápida de 90 quilómetros de percorrido, sen vento e unha media altísima de 45,5 quilómetros/hora, que se decidiu nun sprint masivo nun nutrido pelotón de 160 corredores.
Precisamente os nervios da chegada provocaron unha caída no último quilómetro na que Pedro Merino, gañador da montaña, viuse involucrado pero sen consecuencias. En dicha chegada o Froiz logrou o sétimo posto con Ángel de Julián e o oitavo, por medio de Leonel Coutinho.
Pero o éxito absoluto chegaba o domingo, coa vitoria de Pedro Merino no 70º Trofeo Iberdrola, tras cruzar a meta en primeira posición ao termo dos 151,3 quilómetros de percorrido, seguido de Manuel Sola (Caixa Rural) e Nicolas Sessler (Lizarte), que eran segundo e terceiro, respectivamente.
Muelas del Pan acolleu a saída dos 174 corredores participantes nesta clásica. A pesar dos continuos intentos de escapada, o pelotón afrontou partido en tres o primeiro ascenso a Villalcampo e a partir de aí tentárono primeiro Escobar (Mutua Levante) e logo Mario García (Pérez Cánovas) sen conseguilo.
Sola, Diego Noriega (Escribano), Merino, Nicolás Sessler (Lizarte), Miguel Ballesteros (Polartec) e de novo García (Pérez Canovas) encabezaban a carreira no segundo ascenso a Villalcampo, onde a vantaxe de 1 minuto foi reducíndose a medida que se achegaban á meta, na que Merino foi máis rápido superando no sprint final a Sola.
Relacionadas:
-
O ciclista do Froiz Alejandro Regueiro, citado pola Selección Española
Por Redacción |
-
Martín Bouzas, convocado pola Selección Española para participar na Vuelta a Asturias
Por Redacción |
-
O corredor do Froiz César Neira, triplo campión de España de ciclismo adaptado
Por Redacción |
-
Valencia, nova parada para o Froiz na Copa de España de ciclismo
Por Redacción |
-
Dobre cita zamorana para o Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz recobra moral na Copa de España cun segundo posto de Martín Lestido no Trofeo Guerrita
Por Redacción |
-
O Froiz insiste coa Copa de España no Trofeo Guerrita
Por Redacción |