A cuarta seguida pasa por Pamplona
Por Diego Espiño
Consolidado na cuarta posición da táboa trala traballada vitoria ante o Valladolid B, o Pontevedra quere máis e buscará achegarse ao play-off de ascenso coa que sería a súa cuarta vitoria consecutiva.
Os granates visitan Pamplona para render visita ao Osasuna B este domingo (12:00 horas), con arbitraxe do colexiado vasco Iñaki Sáez de Adana.
O filial navarro chega á cita nun dos seus peores momentos da tempada, aínda que na zona tranquila da clasificación, despois de lograr un triunfo (ante Palencia) no seu últimos sete encontros de liga.
Non se fían con todo no Pontevedra, conscientes que Osasuna B mellora as súas prestacións na casa, como reflicte o dato de que xogando nas instalacións de Tajonar logrou 25 dos 35 puntos que acumula na competición.
Luisito deberá afrontar cambios no once inicial ante a ausencia por sanción de Bruno, que obrigará a variar o eixo central da defensa. Ademais os granates deberán xogar de novo sen o seu máximo goleador, Mario Barco, confiando en que sexa o único partido que perda pola lesión muscular que se produciu no último encontro en Pasarón.
Precisamente as baixas por lesión (Mario Barco e Íker Alegre) e sanción (Bruno), facilitaron a tarefa de compoñer a convocatoria ao técnico granate, que leva a Pamplona aos 18 futbolistas restantes que ten dispoñibles.
Relacionadas:
-
A temperá expulsión de Miguel lastra a un bo Pontevedra que merece máis ante Osasuna B (2-1)
Por Redacción |
-
Mario Barco, aliviado tras descartarse unha lesión muscular de importancia
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de triplo valor para o Pontevedra que supera ao Valladolid B (2-0) pero perde de novo a Mario Barco
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |