O partido entre Marcón e Arosa, duelo estrela na primeira rolda da Copa Deputación
Por Redacción
Cuns días de atraso sobre o inicialmente previsto pero a X Copa Deputación de fútbol xa está en marcha. O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra foi escenario a última hora do luns do sorteo do cadro de competición para a zona pontevedresa, nun torneo no que participan equipos de Terceira División e das categorías do fútbol rexional autonómico.
O cruzamento máis destacado da primeira eliminatoria, que debe celebrarse antes do día 22 de marzo, é o que enfrontará a Marcón Atlético e Arosa. Outros equipos de Terceira como Ribadumia ou Villalonga quedaron exentos na ronda inicial, do mesmo xeito que San Andrés, Campañó, Dorrón e Deiro.
En canto aos outros dous equipos de Terceira División, o Céltiga enfrontarase ao Marín e o Alondras ao Chispa. Os demais enfrontamentos son: Pontevedra B-Romai, Poio-A Lama, Puentearnelas-Noalla, Vilaboa-Barro, San Adrián-Salcedo, Moaña-Umia, Domaio-Lalín, Atlético Estación-Zacande, Beiramar-Estradense, Unión Dena-Atlético Cuntis, Portonovo-Mosteiro, Cotobade-Cerponzóns, Libertad-San Martín, Campo Lameiro-Estudiantil, Beluso-Amanecer, Portas-Ponte Caldelas, Bamio-Cruceiro, Figueirido-Cesantes, Arcade-Cordeiro, Unión Grove-Santomé, Xil-Cambados, Caroi-Sanxenxo e Unión Sampaio-Soutomaior.
As eliminatorias xogaranse, do mesmo xeito que noutras edicións, a partido único no campo do equipo de menor categoría, téndose xa fixado as datas para o resto de roldas, que se disputarán o 5 de abril, 26 de abril, 17 de maio, 25 de maio e 31 de maio (semifinal) a falta da gran final ante un equipo do cuadrante vigués nunha data aínda por decidir.
Relacionadas:
-
Duro revés para Arosa e Ribadumia, respiran Villalonga, gañando nas Pontes, e Céltiga, que frea ao Cerceda
Por Redacción |
-
O Portonovo rompe a súa dinámica negativa mentres Sanxenxo e Grove caen derrotados
Por Redacción |
-
Goleada do Marcón en Ponteareas para confirmarse en postos de ascenso e importante vitoria do Pontevedra B
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Arosa, golea o Villalonga, gaña o Céltiga unha final en Redondela e cae o Ribadumia
Por Redacción |
-
Punto de partida para a X Copa Deputación de fútbol
Por Redacción |