Igualdade máxima na cabeza trala derrota do Marcón e problemas para o Pontevedra B
Por Redacción
Un mal inicio de partido, con 20 minutos que resultaron desastrosos, acabaron coa resistencia do Marcón Atlético na visita o Carrasco do Umia (1-3).
Nun horario pouco habitual, ás 12:00 horas, arrincou o partido e os de Luís Oliveira tardaron en saír do vestuario. No primeiro minuto víronse xa por baixo no marcador co tanto de Pablo Porta, e antes do 20 xa cedían por tres goles debido ao doblete de José Castro.
Quedaba un mundo aínda por diante e os pontevedreses intentaron repoñerse. Melloraron a súa imaxe e Iván Paz, aos 26 minutos, recortaba distancias. O gol deu esperanzas aos locais, pero a lousa era demasiado grande e non foron capaces de culminar a remontada.
Pese á derrota o Marcón mantense no liderato da Primeira Rexional, aínda que agora faio nun cuádruplo empate xunto a Beluso, Amanecer e Campo Lameiro no que apunta a unha loita sen cuartel polas prazas de ascenso.
Consulta aquí a acta do Marcón Atlético-Umia.
En problemas métese o Pontevedra B logo de caer en Cambados (2-1) na que é a terceira derrota consecutiva dos de Tonete en liga.
O filial granate empezou o encontro gañando cun gol de Ramón aos 12 minutos, pero o Juventud Cambados reaccionou para empatar ao filo da media hora de xogo e completar a remontada xa na segunda metade.
A derrota deixa ao Pontevedra B na decimoquinta praza con 27 puntos, os mesmos que ten o San Martín que ocupa praza de descenso directo.
Relacionadas:
-
Goleada do Marcón en Ponteareas para confirmarse en postos de ascenso e importante vitoria do Pontevedra B
Por Redacción |
-
O Marcón gaña en Cuntis e ponse líder e o Pontevedra B volve complicarse ao caer co Domaio
Por Ramiro Espiño |
-
Marcón e Campo Lameiro asinan táboas e o Pontevedra B cae ante o San Miguel
Por Redacción |