Elías Domínguez e Mari Ángeles Castro vencen na espectacular estrea da Urban Trail Night
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Calquera hora é boa para botarse a correr. Demostrárono este sábado o medio milleiro de atletas que participaron na segunda proba do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, a Urban Trail Night.
Era a estrea do trail nocturno e deixou boas sensacións. Os deportistas, cunha luz frontal na cabeza dado que parte do percorrido non contaba con iluminación, percorreron 14 quilómetros desde as inmediacións do Recinto Feiral ata a praza de touros da cidade, pasando pola senda do Lérez, Illa das Esculturas, casco antigo ou Alameda ata chegar ao seu destino.
Elías Domínguez foi o vencedor na categoría masculina ao completar o percorrido nun tempo de 50 minutos e 53 segundos. Só 10 segundos despois chegaba a meta Maikel Rodríguez, mentres Juan Sebastián Díaz (51:32) completou o podio na terceira posición.
Pola súa banda en categoría feminina a máis rápida foi Mari Ángeles Castro (1:04:49), con Saleta Aboy en segundo lugar (1:05:08) e María del Pilar López no terceiro (1:05:58).
Consulta aquí as clasificacións completas do I Urban Trail Night de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Urban Trail Night quece motores para a súa segunda edición
Por Redacción |
-
Carreira Popular de Santiaguiño do Burgo, a virtude de non cambiar o que funciona
Por Diego Espiño |
-
A recadación da carreira popular 'Ponle Freno' irá destinada "integramente" a Pedaladas
Por Diego Espiño |
-
Víctor Riobó e Leticia Fernández reinan na dureza da Carreira Pedestre de Campañó
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Dez anos de Carreira Pedestre de Campañó
Por Diego Espiño |
-
Monte Porreiro, barrio de 'runners'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
A Carreira Pedestre de Monte Porreiro, pendente do ceo
Por Redacción |
-
Preto de 700 atletas estrearán a Urban Trail Nigth de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Apertura de inscricións para a III Gladiator Race e para a I Urban Trail Night de Pontevedra
Por Redacción |
-
Víctor Riobó e Mari Ángeles Castro, gañadores nunha carreira de San Brais pasada por auga
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |