O novo barco do desafío español da Volvo Ocean Race pon rumbo á súa base de Sanxenxo
Por Redacción
Despois de varios meses de traballo nos estaleiros de Lisboa, o barco do desafío español (VO 65) para a próxima volta ao mundo a vela, a Volvo Ocean Race, navega xa cara a Sanxenxo.
O Mapfre establecerá a súa base na localidade pontevedresa durante os próximos meses, nos que o obxectivo será poñer a punto todo o material e comezar cos primeiros adestramentos na auga.
Pedro Campos, presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo, será unha vez máis o director xeral do equipo, que ten agora unha longa preparación por diante ata a saída da competición.
O VO 65 soltou amarras este venres na capital lusa para afrontar unha travesía de 300 millas ata Sanxenxo. Toño Piris, xefe de terra do Mapfre, revelou que "hemos podido comprobar que la gran mayoría de las cosas van bien. Hay detalles muy pequeños que tenemos que pulir, pero estamos realmente contentos".
A próxima edición da volta ao mundo a vela dará a súa saída o próximo outono desde o porto de Alacante.
Relacionadas:
-
A Volta ao Mundo a Vela empeza en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A regata Rei Juan Carlos I contará con dous barcos da volta ao mundo a vela
Por Redacción |
-
Existosa estrea de Támara Echegoyen na vela oceánica a bordo do Mapfre
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, primeira regatista española en participar na Volvo Ocean Race
Por Redacción |