'Juanito': "El público de Pontevedra es muy importante para nosotros. Va a ser nuestro cuarto jugador"
Por Alejandro Espiño
Se falamos de Hei Zhi Wen moitos non saberán de quen estamos falando. Pero se dicimos que lle chaman 'Juanito' e que xoga a tenis de mesa, todos témolo claro. El é a gran esperanza de España no seu partido contra Serbia da Liga Europea de Nacións que se disputará este martes (19.30 horas) no Pavillón Municipal de Pontevedra. Un partido a vida ou morte. Quen gañe dos dous manterase un ano máis na máxima categoría.
Non é unha empresa fácil, porque como destaca o equipo español, os xogadores serbios son novos e moi rápidos, pero segundo explica 'Juanito' a PontevedraViva "si nos salen bien las cosas podemos ganar". O palista, de 51 anos, asegura que é un partido "muy importante para nosotros". Por iso é polo que espera que o público pontevedrés lles arroupe. "El público es muy importante para nosotros. Va a ser nuestro cuarto jugador".
Desde que chegaron a Pontevedra, 'Juanito' e os seus outros tres compañeiros, Jesús Cantero, Carlos Machado e Marc Durán (estes dous últimos, finalistas no Campionato de España celebrado recientemente en Pontevedra), non deixaron de adestrar e de probar unha pista que cualifican de "magnífica", aínda que cun pero. "Hay mucha luz y a veces nos ciega", di 'Juanito', que pediu cambiar a orientación das mesas.
"Es un partido clave para nosotros", recoñece o seleccionador, Víctor Sánchez. "El problema es que no hemos tenido mucho tiempo de prepararlo". O campionato de España, as ligas nas que participan e outros compromisos internaciones provocaron que falten horas de adestramento. "Pero al menos vienen con ritmo de competición que es importante", consólase o técnico español.
E que hai que temer de Serbia? Pois que son, segundo explica David Corral, director técnico da Federación, "un equipo muy homogéneo". Malia que o mellor xogador de Serbia non viaxou por lesión "son jugadores jóvenes y crean mucho peligro". Aínda que insiste en que o partido preséntase moi igualado e que "vamos a depender sobre todo de nosotros, de cómo esté 'Juanito' que es nuestro jugador más importante".
El e Carlos Machado son fixos no equipo que xogará contra Serbia. O terceiro xogador será ou Jesús Cantero ou Marc Durán. Decidirase a última hora. "Va a depender de cómo estén y de quien vaya a jugar en Serbia", recoñecen desde o equipo español para non desvelar a súa estratexia. En todo caso, insisten: "tenemos mucho nivel, pero no nos podemos fiar". Decidirase todo, cren, en mínimos detalles.
E reiteran. Que o Pavillón Municipal se encha para animar á selección española será clave. "El público es muy importante, nos lo jugamos todo y en este deporte el factor psicológico es vital. Hay que estar muy concentrado. Te puedes hundir fácilmente y el público te anima y te ayuda a superar momentos complicados", explica David Corral. E para iso, avisan: Pontevedra verá en acción cinco palistas olímpicos. "Será un espectáculo deportivo de primer nivel".
España-Rumanía en categoría feminina
Pontevedra verá en acción cinco palistas olímpicos. "Será un espectáculo deportivo de primer nivel", din
Pero o tenis de mesa de élite non será só o de categoría masculina. O equipo feminino tamén disputará a última xornada da Liga Europea de Nacións en Pontevedra, no seu caso contra Rumanía. Aínda que a diferenza dos homes, o seu partido será de menos urxencias. A permanencia xa está asegurada aínda que as españolas buscarán unha vitoria que lles permita un mellor cruzamento de cara ao Campionato de Europa.
O equipo rumano, sinala o director técnico da Federación, "trae unas jugadoras espectaculares". Cita expresamente a Bernardette Szocs, unha moza de 18 anos que é a gran promesa do tenis de mesa europeo. "Es la gran atracción, es un auténtico espectáculo verla jugar". Aínda que España, asegura, non se queda atrás. "Tenemos a Yanfei Shen, que es la número siete del ranking europeo y nos da un potencial que no tienen otros equipos".
Sexa como sexa, David Corral e Víctor Sánchez, director técnico e seleccionador do equipo español, respectivamente, valoran moi positivamente a tempada realizada ata agora. Iso si, recoñecen que un descenso do equipo masculino "sería un palo enorme". Por iso é polo que se conxuren. "No podernos permitirnos el lujo de perder mañana", din. E aí, sen dúbida, o público pontevedrés terá moito que dicir.