A lesión de Andrés Miso lastra ao Peixe Galego fronte a Burgos (79-89)
Por Redacción
Rozou a vitoria o Peixe Galego na Raña, pero desaproveitou o seu gran comezo de partido, lastrado nos momentos decisivos pola inoportuna lesión de Andrés Miso. Os de Javi Llorente realizaron un gran primeiro cuarto, pero cederon logo polo seu escaso acerto nos lanzamentos, cun discreto 44% (14 de 32) nos tiros de dous, aspecto no que o Burgos asentou a súa vitoria, ao asinar un sobresaliente 72% (23 de 32 intentos).
Os marinenses deixaron unha boa imaxe fronte a un dos favoritos da competición, pero ven como a súa marxe de erro estréitase perigosamente a falta de oito xornadas para o final, coa permanencia cada vez máis cara.
As dúas derrotas consecutivas do San Pablo Burgos pesaban, e moito, na confianza dos xogadores de Diego Epifanio, o cal se notou nun inicio de partido no que o Marín Peixe Galego foi moito mellor. Un 18-5 poñía en pé aos afeccionados locais, mentres que os casteláns tiveron que reformularse o resto do partido para comezar a remontar.
Empregándose con contundencia no xogo interior conseguiron darlle a volta ao partido (30-32), para irse ao descanso co marcador moi axustado (38-37).
Os nervios cambiaron de banco e os galegos viron como se perdía a vantaxe e o seu referente Andrés Miso deixaba o partido por un golpe nun dedo da man. Xa só quedaba Javi Múgica (enorme desde os 6.75 con 7 de 9), para asinar 25 puntos e 25 de valoración, e un Tim Derksen (20 puntos e 30 de valoración) que seguía facendo dano á defensa burgalesa, pero non foi suficiente
Co marcador a favor, San Pablo foi superior, grazas ao traballo de Goran Huskic e a boneca de Alex Barrera. Marín logrou entrar no último cuarto con opcións (56-59), pero derrubouse en defensa no último parcial, encaixando 30 puntos, o que lle levou á derrota final (79-89).
Consulta aquí as estatísticas do Marín Peixe Galego-San Pablo Inmobiliaria Burgos.
Relacionadas:
-
Peixe Galego reduce as súas opcións ao caer fronte ante un Palencia dominador (74-84)
Por Redacción |
-
A permanencia cada vez máis lonxe para o Peixe Galego trala súa derrota en Cáceres (83-67)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego perde na prórroga en Logroño e complica o seu futuro na LEB Ouro (83-77)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego compite pero termina cedendo ante o acerto do COB (78-86)
Por Redacción |
-
Derrota do Peixe Galego en Barcelona que aperta a loita pola permanencia (92-74)
Por Redacción |